O partido do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR deste domingo 1 de febreiro ás 12:00 ante o Real Madrid CF foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Loita contra o Cancro, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AECC).
O RC Deportivo convida o deportivismo a unirse a esta causa e mostrar a súa solidariedade coas persoas que loitan contra esta enfermidade, así como coas súas familias.
Este 'Día DÉ...' convértese nunha oportunidade para concienciar, apoiar e lembrar que a unión da sociedade pode marcar a diferenza.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.
