O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste sábado 13 de decembro ás 21:00 ante a Real Sociedad B (LaLiga TV Hypermotion) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Inclusión
Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes de colectivos que traballan sen descanso para que as persoas, coas súas diferenzas, teñan as mesmas oportunidades e o mesmo respecto, caso de: ASPADISOL (Asociación de Pais de Discapaciados Psíquicos de Oleiros), Fundación ENKI, ASPANAES Ferrol, Fundación ADCOR e ASPACE.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.
