O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste domingo 25 de xaneiro ás 21:00 ante o Real Racing Club foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Educación Ambiental.
O 26 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación Ambiental, unha data crave para reflexionar sobre a importancia de protexer a nosa contorna e promover a participación activa da cidadanía en iniciativas sustentables.
A educación ambiental é unha ferramenta fundamental para comprender os desafíos ecolóxicos actuais e para atopar solucións responsables e duradeiras.
Tal e como sinala a ONU na súa Carta Magna, formar a persoas conscientes, críticas e comprometidas é esencial para desenvolver líderes e cidadáns capaces de construír un futuro máis xusto e sustentable.
Desde o RC Deportivo reafirmamos o noso compromiso cos valores de respecto, responsabilidade e coidado do medio ambiente, convencidos de que o deporte tamén pode ser un motor de cambio social. A través da sensibilización e a acción conxunta, podemos contribuír a protexer o noso planeta para as xeracións presentes e futuras.
Porque defender as nosas cores tamén é defender o lugar onde vivimos.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.
