A fin de semana en #ANOSACANTEIRA abriuno esta tarde o triunfo (3-0) do Cadete A (na foto da noticia) en Abegondo ante o Ural Español CF. Os branquiazuis mandan na División de Honra e manterán en canto pase a xornada polo menos os seus 6 puntos de renda sobre o RC Celta.
Mañá sábado 17 destaca o partido do Fabril, que visita á SD Compostela ás 17:00 no Estadio Vero Boquete.
Os fabrilistas chegan ao choque após a folgada vitoria ante o CD Covadonga por 4-1 a pasada fin de semana e instalados nun pelotón de equipos da zona media da táboa en Segunda Federación.
É baixa Diego Gómez, lesionado; e Rubén López, citado co primeiro equipo.
Si entraron na citación Martín Ochoa e Kevin, que o pasado mércores xogou a Copa del Rey co Xuvenil A en Mallorca.
Mañá xogan en casa (en Eirís) o Orzán SD Infantil A Femenino ante o SCD Milagrosa (18:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino ante o SCD Pastoriza (16:00).
E como visitantes, o Xuvenil B mídese ao CVC Valladares (12:15 en Vigo); o Orzán SD Cadete Femenino ao Victoria CF (10:00 na Grela 1) e o Infantil ao CD Areosa (12:15 en Comesaña, Vigo).
O domingo 18, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Gijón FF en busca dun novo triunfo na Tercera Federación FutFem.
Óscar Orro, técnico do filial, fará pública a convocatoria mañá sábado en función do que suceda coa canteirá Lucía Rivas, concentrada en Vitoria co Dépor ABANCA para o choque ante o Deportivo Alavés.
Ademais, o Xuvenil A, no grupo que pelexa polo título da División de Honra, cítase en Cantabria coa SD Revilla. Manuel Pablo non quere confianzas a pesar de que o equipo local marcha na zona baixa da táboa e advirte que ao equipo sempre lle custa sacar adiante os seus partidos sempre que xoga a Copa del Rey.
Completan a xornada dominical o choque do San Tirso SD Infantil ante o UD Santa Mariña no Monte (12:00) na División de Honra; o do San Tirso SD Cadete en Sigüeiro ante o ED Xuventude de Oroso (13:00) e os dos orzanes: o Orzán SD Xuvenil Femenino no campo do Lóstrego CF B (16:30) e o Orzán SD B sub-16 Femenino en Meicende (18:15).
#ANOSACANTEIRA estivo o pasado mércores pendente dos cuartos de final da Copa del Rey xuvenil entre o RCD Mallorca e o Deportivo.
Os branquiazuis tentárono de todas as maneiras e, após igualar (1-1) no partido e na prórroga, a ruleta dos penaltis sorriu ao conxunto balear (6-5).
Manuel Pablo, técnico do Xuvenil A, manifestou que "foi un partido moi difícil para nós. Sabiamos que era un bo equipo, que dominaba moito a pelota. Custounos entrar ao partido. Ao principio nos primeiros minutos custounos. Despois, a metade da primeira parte, soubemos igualar o xogo deles. Acabamos mal a primeira parte porque tivemos moitas perdas seguidas e perigosas en inicio de xogo. Aí a sensación foi mala".
Engade que após o descanso "foi máis igualado, mesmo a partir da metade da segunda parte fixémonos co control, acabamos bastante ben esa segunda parte, con continuas chegadas aínda que se cadra sen ter a ocasión clara, pero máis no seu campo. A prórroga foi un ida e volta. Eles tiñan velocidade arriba e algunha ocasión de perigo fixéronnos. Tamén nós tivemos chegadas sobre todo na segunda parte da prórroga. Foi un ida e volta con poucas oportunidades. E os penaltis foi o que tocou".
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - GIJÓN FF, o domingo 18 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 53 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 41 puntos; 3. Olímpico de León e Sárdoma CF, 37 puntos... 14. Gijón FF, 13 puntos...
19ª xornada: LÓSTREGO CF B - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 18 de febreiro ás 16:30 na Gándara (Chaín, Gondomar)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 38 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino e Lóstrego CF B, 37 puntos; 4. SD O Val, 34 puntos...
19ª xornada: SPORTING MEICENDE - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 18 de febreiro ás 18:15 en Meicende Grande (Arteixo)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 4. Sporting Meicende, 35 puntos... 10. UC Cee, 25 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 21 puntos; 12. Silva SD e Cultural Maniños, 19 puntos; 14. UD Santiso FC, 14 puntos...
19ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, o sábado 17 de febreiro ás 10:00 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 51 puntos; 2. Victoria CF, 48 puntos; 3. Escuela FB Amistade, 42 puntos...
19ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - SCD MILAGROSA, o sábado 17 de febreiro ás 18:00 en Eirís (A Coruña)
19ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - SCD PASTORIZA, o sábado 17 de febreiro ás 16:00 en Eirís (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 49 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 47 puntos; 3. Racing de Ferrol (un partido menos), 40 puntos... 5. SCD Pastoriza, 36 puntos; 6. SCD Milagrosa, 30 puntos... 11. Sporting Burgo, 14 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 11 puntos; 13. AD Cristo Rey (un partido máis), 10 puntos; 14. Club Rosalía Mera (un partido máis), 6 puntos...
Segunda Federación
23ª xornada: SD COMPOSTELA - FABRIL, o sábado 17 de febreiro ás 17:00 no Estadio Vero Boquete (Santiago de Compostela)
Clasificación da Segunda Federación: ... 6. SD Compostela, 31 puntos... 10. Real Valladolid Promesas, 28 puntos; 11. Marino de Luanco e Fabril, 27 puntos; 13. Racing Villalbés, 26 puntos...
Categoría xuvenil
Copa del Rey, cuartos de final (mércores 14): RCD MALLORCA 1 - XUVENIL A 1 (Álvaro). A penaltis: 6-5
21ª xornada: SD REVILLA - XUVENIL A, o domingo 18 de febreiro ás 12:15 no campo de El Crucero (Camargo, Cantabria)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 47 puntos; 2. RC Celta, 43 puntos; 3. Xuvenil A e Real Oviedo, 42 puntos; 5. CD Choco e SD Compostela, 32 puntos... 15. SD Revilla, 13 puntos...
22ª xornada: CVC VALLADARES - XUVENIL B, o sábado 17 de febreiro ás 12:15 na Gándara (Valladares, Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 55 puntos; 2. RC Celta B, 51 puntos... 16. CVC Valladares, 16 puntos...
Categoría cadete
20ª xornada: CADETE 3 (Miguel de Labra, Abel e Lucas) - URAL ESPAÑOL CF 0
20ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 18 de febreiro ás 13:00 no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (un partido máis), 58 puntos; 2. RC Celta, 49 puntos... 10. Coruxo FC, 24 puntos; 11. San Tirso SD Cadete e Pabellón Ourense CF, 22 puntos; 13. CD Areosa, 20 puntos...
Categoría infantil
18ª xornada: CD AREOSA - INFANTIL, o sábado 17 de febreiro ás 12:15 no campo da Xunqueira (Comesaña, Vigo)
18ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - UD SANTA MARIÑA, o domingo 18 de febreiro ás 12:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 51 puntos; 2. RC Celta, 46 puntos... 7. CD Areosa, 26 puntos; 8. Arosa SC e Escola Fútbol DSF, 23 puntos; 10. San Tirso SD Infantil, 22 puntos; 11. CD Conxo Santiago e UD Santa Mariña, 18 puntos...
Categoría alevín
15ª xornada: VICTORIA CF - ALEVÍN A, o sábado 17 de febreiro ás 9:00 na Torre (campo 1.2)
15ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 17 de febreiro ás 10:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 42 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 37 puntos; 3. CD Calasanz, 30 puntos... 5. Atlético Coruña Montañeros CF, 22 puntos; 6. Victoria CF, 17 puntos...
Categoría benxamín
15ª xornada: BENXAMÍN A - ORILLAMAR SD, o domingo 18 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 36 puntos; 2. Victoria CF, 33 puntos... 6. Orillamar SD, 13 puntos...
15ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - OLÍMPICO CF, o sábado 17 de febreiro ás 12:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 42 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 33 puntos... 8. Olímpico CF, 11 puntos...