RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O porteiro do Fabril, Xullo Ares, chamado por Arsenio a última hora

As baixas seguen asediando ao persoal deportivista, a última, a do gardameta Fernando con lumbalxia que tivo que se substituído a última hora por Xullo Ares, do Fabril.

Fernando, con lumbalxia, baixa de última hora

Os males e preocupacións de Arsenio Igrexas parecen non ter fin, onte,cando todo parecía transcorrer con tranquilidade na xa decimado persoal coas baixas de Santi Francés e Gustavo, xurdiu a terceira ao presentarse en Riazor o gardameta Fernando cunha forte lumbalxia que o fixo caer da lista de viaxeiros para Figueras, cubrindo a súa praza o novo porteiro do Fabril Xullo Ares.

Outra novidade na lista é o novo defensa Muíños, que substitúe a Chus Hevia posto que os 16 que viaxan son Jorge, Xullo Ares, Antonio, Busto, Martín Lasarte, Muíños, Sabín Bilbao, Sredojevic, Aspiazu, Cayetano, Fran, Gil, José Ramón, Batrovic, Mella e Raudnei.