RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Presidente do RC Deportivo visita Padre Rubinos e reforza o compromiso social do Club coa institución benéfica

O RC Deportivo reforza o seu compromiso nesta temporada coa Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos con diferentes accións sociais e o compromiso de seguir traballando da man para buscar novas liñas de colaboración.

O presidente do club, Álvaro García Diéguez, visitou esta mañá as instalacións coa xunta directiva da institución coruñesa para coñecer persoalmente o funcionamento da entidade e as persoas que traballan nela.

Unha das accións sociais que está a realizar o RC Deportivo nos últimos meses é a doazón para o albergue da Padre Rubinos de todos os alimentos perecedeiros que non se consomen nas barras do estadio ABANCA-RIAZOR tras os encontros do Dépor. Así mesmo, membros do Consello de Administración como Carlos Ballesta e Álex Bergantiños participaron en talleres de reminiscencia para que as persoas da residencia de maiores exerciten a súa memoria e recuperen lembranzas a través do Deportivo.