RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Presidente Lendoiro inaugurou este mediodía en Negreira a rúa Real Club Deportivo da Coruña

O Presidente Augusto César Lendoiro inaugurou este mediodía en Negreira a rúa Real Club Deportivo da Coruña, con motivo do Congreso Internacional de Penas que se celebrou na citada localidade coruñesa, e que concluirá mañá domingo cunha romaría popular.

Ademais, Lendoiro descubriu un monólito dedicado ao Club, que este ano celebra o seu Centenario. "A verdade é que foi todo un éxito", comentou respecto diso Pachi Dopico, Conselleiro encargado da relación coas penas. Negreira únese así a Moeche, que ten unha avenida co nome de Real Club Deportivo e a Sada, cunha praza denominada Augusto César Lendoiro.