RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O prezo da entrada de público para o Viveiro CF - Deportivo deste sábado 31 será de 15 euros

O Viveiro CF fixou en 15 euros o prezo da entrada para asistir ao amigable ante o RC Deportivo deste sábado 31 de xullo ás 19:00 horas no campo de Cantarrana.

Os interesados poden adquirir a súa entrada de forma anticipada hoxe xoves e mañá venres a partir das 17:00 horas nas oficinas do Estadio de Cantarrana ou ben en Óscar Joyeros (avenida de Cervantes nº 5 de Viveiro).

O día do partido, os despachos de billetes do campo de Cantarrana estarán abertos a partir das 17:30 horas.

Ademais, o choque será retransmitido en directo pola canle de Youtube do club grazas ao patrocinio da firma coruñesa integralmotion.es.

Así, o partido de onte mércores na Magdalena ante o Racing Villalbés foi seguido en directo por máis de 5.000 usuarios.

O calendario de pretemporada do Deportivo é o seguinte:

RC Villalbés 1 - RC Deportivo 2 (De Vicente e Miku)
Viveiro CF - RC Deportivo, sábado 31 de xullo, 19:00 h. Cantarrana
Bergantiños FC - RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas