RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O primeiro equipo, xa sen os seus internacionais, retomou os adestramentos cunha longa e intensa sesión

O Deportivo, hoxe cos fabrilistas Francis e Gaizka, adestrouse esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo. A pesar de que non hai fútbol de competición esta fin de semana, Pepe Mel dispuxo dunha intensa sesión, máis longa para os futbolistas que non actuaron de inicio o pasado sábado no Ciutat de València ante o Levante.

Para todos houbo un quecemento, un circuíto físico con remates e un traballo defensivo e de presión.

A partir de aquí, os titulares na primeira xornada de liga tiveron tarefas de recuperación. Para os demais membros do cadro houbo fútbol en espazo reducido, con duelos 2x1, 3x2 e un partido 3x3 para concluír.

Adestráronse á marxe Carles Gil, que estivo no ximnasio; e Bicho, que traballou co readaptador Fran Molano debido a unha molestia nun nocello. Os internacionais xa están de camiño ás súas respectivas concentracións das súas seleccións nacionais: Celso Borges, Florin Andone, Tytoń, Fede Valverde e Fabian Schär.

Mañá martes haberá un novo adestramento, ás 10:30 horas en Abegondo.