O calendario de ANOSACANTEIRA ábreo o Alevín, que inicia o venres 27 de febreiro ante o CD Lugo a súa participación na XVI edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
O encontro, correspondente á 1ª xornada celebrada a pasada fin de semana, arrincará ás 19:45 no Dépor Training Center.
Compoñen este grupo norte ademais estes equipos: ADC A Piringalla, Atlético Coruña Montañeros CF B, CD Calasanz, CD As Pontes, Club de Campo Ferrol B, ED Luis Calvo Sanz, Galicia Caranza, Racing de Ferrol, SRD Portuarios, San Tirso SD, Ural Español CF e Victoria CF.
O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión de grupo pelexará polo trofeo co campión do grupo sur nunha final que se xogará nas Eiroas (Carballo).
O conxunto que dirixe Alberto Suárez xogará a 2ª xornada o domingo 1 de marzo ás 12:30 en Elviña Pequeno ante o Atlético Coruña Montañeros CF.
Xa a fin de semana sobresae o domingo o partido do Fabril nas Eiroas ante o Bergantiños CF (17:00).
Os fabrilistas, que dobregaron a pasada fin de semana ao poderoso CD Numancia, colideran a clasificación con 49 puntos, os mesmos que o Oviedo Vetusta.
Tamén o domingo, pero ás 11:00 no campo Arsenio Iglesias, o Xuvenil A, á fronte da División de Honra, recibe ao CD Lugo.
Completa a xornada o encontro do Xuvenil B no campo coruñés da Grela 1 ante o Atlético Coruña Montañeros CF (12:15), o do Infantil no campo pontevedrés Manolo Barreiro ante o AJ Lérez (16:00) e o do San Tirso SD Infantil no campo santiagués da Merced ante o CD Conxo Santiago (11:15 horas).
ANOSACANTEIRA suma un novo internacional, Gael Seijo.
O central ou mediocentro do Infantil foi convocado por primeira vez pola selección española sub-14 para unha concentración que terá lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi do luns 2 ao venres 6 de marzo.
Ás 12:30 do sábado 28 de febreiro o Cadete mídese ao ED Val Miñor Nigrán en Condomínguez e o San Tirso SD Cadete ao CD Areosa no Monte.
Para o campo 1.2 da Torre quedan os choques do Benxamín A (foto principal da noticia) ante o Olímpico CF (9:30) e do Fabril FC Benxamín (foto inferior) fronte ao CD Calasanz (12:30).
Finalmente, o Fabril FC Alevín viaxa á cidade suíza de Ginebra para disputar a UGS Champions Cup 2026.
Os rivais dos fabrilistas na primeira fase serán o Olympique de Marsella, UGS FC e Yverdon Sport.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
25ª xornada: BERGANTIÑOS CF - FABRIL, o domingo 1 de marzo ás 17:00 nas Eiroas
Clasificación: 1. Oviedo Vetusta e Fabril, 49 puntos; 3. Gimnástica Segoviana CF, 43 puntos... 9. Bergantiños CF, 34 puntos...
Categoría xuvenil
22ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, o domingo 1 de marzo ás 11:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 52 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 48 puntos... 9. CD Lugo, 26 puntos...
24ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - XUVENIL B, o domingo 1 de marzo ás 12:15 na Grela 1
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos), 64 puntos; 2. Xuvenil B, 58 puntos; 3. Coruxo FC (un partido menos), 45 puntos... 5. Ural Español CF (un partido menos), 40 puntos...
Categoría cadete
20ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE, o sábado 28 de febreiro ás 12:30 en Condomínguez (Nigrán)
20ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - CD AREOSA, o sábado 28 de febreiro ás 12:30 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 53 puntos; 2. RC Celta, 51 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 34 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, 32 puntos... 15. CD Areosa, 14 puntos...
Categoría infantil
20ª xornada: AJ LÉREZ - INFANTIL, o sábado 28 de febreiro ás 16:00 no campo Manolo Barreiro
20ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 1 de marzo ás 11:15 no campo da Merced (Santiago de Compostela)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 54 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 51 puntos... 5. CD Conxo Santiago, 30 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 29 puntos; 7. AJ Lérez, 28 puntos...
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN - CD LUGO, o venres 27 de febreiro ás 19:45 no Dépor Training Center
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN, o domingo 1 de marzo ás 12:30 en Elviña Pequeno
21ª xornada (martes 24): ALEVÍN A 9 (Alberto Novo -3-, Adrián Liñares -2-, Álex Casado, Yago Espasandín, Andrés Valencia e Adrián Míguez) - SPORTING CAMBRE 0
21ª xornada (martes 24): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Leo Galbán -2-, César Leira, Pablo Gómez e Pablo Martelo)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A (un partido máis), 58 puntos; 2. Fabril FC Alevín (un partido máis), 54 puntos; 3. Victoria CF, 52 puntos...
UGS Champions Cup 2026 en Ginebra (Suíza)
Sábado 28 de febreiro
Primera Fase
9:00: OLYMPIQUE MARSELLA - FABRL FC ALEVÍN
10:30: FABRIL FC ALEVÍN - UGS FC
12:00: FABRIL FC ALEVÍN - YVERDON SPORT
En función da clasificación, os equipos pasarán á segunda fase
Categoría benxamín
21ª xornada: BENXAMÍN A - OLÍMPICO CF, o sábado 28 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 1.2)
21ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 28 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 1.2).
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 60 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 50 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 45 puntos; 4. ED Luis Calvo Sanz (un partido menos), 44 puntos... 12. Olímpico CF, 17 puntos...
