RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
DÉPOR GENUINE

O RC Deportivo Genuine inicia os adestramentos con 34 xogadores e xogadoras cargados de ilusión

O equipo Genuine da Fundación RC Deportivo deu inicio aos seus adestramentos de pretemporada co firme propósito de afrontar unha nova campaña chea de ilusión, compromiso e ganas renovadas.

Os branquiazuis, que xa participaron nun torneo en Oviedo e en Carballo, volveron pisar os campos da Cidade Deportiva de La Torre para reencontrase após o descanso estival e empezar a traballar. 

Para esta temporada, o Dépor Genuine conta con 34 xogadores e xogadoras, que xa están listos para dar o mellor de si mesmos, tanto nos adestramentos como nas competicións que se aveciñan.

Entre os principais retos do Dépor Genuine destaca, un ano máis, a súa participación en LaLiga Genuine, competición que combina deporte, valores sociais e inclusión, e na que os nosos xogadores e xogadoras terán a oportunidade de mostrar non só o seu talento deportivo, senón tamén o compromiso cos valores do respecto, a solidariedade e o compañeirismo.