RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo instala unha Fan Zone para todo o deportivismo na explanada exterior de ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo instala esta fin de semana unha Fan Zone na explanada exterior do estadio ABANCA-RIAZOR para acoller a todo o deportivismo na previa do partido deste domingo, e para que toda a afección que quedou sen entrada teña a posibilidade de seguir o encontro a través dunha pantalla xigante. Con esta iniciativa do clube, o obxectivo é corresponder a unha afección de primeira que representa o maior valor que ten o Deportivo.

A Fan Zone do RC Deportivo, co apoio de ABANCA, o seu principal accionista, e Estrella Galicia, conta cun escenario no que haberá actuacións previas ao encontro, unha pantalla xigante, varias barras e unha tenda de merchandising do clube. O domingo estará aberta xa desde as 13.00 horas. 

Ademais, o RC Deportivo cédelle as instalacións da Fan Zone ao Básquet Coruña hoxe venres desde as 20.00 ata as 00.00 horas, para que a cidade poida gozar do xogo do equipo laranxa na pantalla xigante nun partido que pode ser decisivo na súa meta de ascender á ACB. O Básquet Coruña poderá dispoñer tamén das instalacións mañá sábado se así o considera para as celebracións no caso de acadar o seu obxectivo.