RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo lidera a representación do fútbol galego en Arabia Saudita con motivo da Supercopa de España

A vicepresidenta do RC Deportivo, Michelle Clemente, e o conselleiro delegado do club, Massimo Adalberto Benassi, encabezaron a representación do fútbol galego desprazada a Arabia Saudita con motivo da disputa da Supercopa de España, un dos grandes escaparates internacionais do fútbol español.

A presenza institucional do RC Deportivo neste contexto reforza o compromiso do club co desenvolvemento, a proxección exterior e a defensa dos intereses do fútbol galego nos foros de máximo nivel, nun escenario marcado pola crecente internacionalización da industria do fútbol.

No marco desta viaxe, este xoves Michelle Clemente e Massimo Adalberto Benassi mantiveron un encontro co presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, así como cos representantes dos outros clubs galegos presentes en Arabia Saudita: Pablo Montero, presidente do Victoria; Manuel Sangil, presidente da SD Sarriana; Eladio Oubiña, presidente do Club Juventud Cambados; Michel del Ojo, coordinador do Domaio FC; Álex García, vicepresidente da SD Estradense; e Adrián Raguza, director xeral do CD Lugo.

A reunión permitiu compartir impresións, reforzar a interlocución institucional e subliñar a necesidade dunha visión común que contribúa a seguir impulsando o fútbol galego dentro do marco federativo e do fútbol español.

O RC Deportivo continúa exercendo un papel activo e responsable na representación institucional do fútbol galego, coherente coa súa traxectoria histórica, o seu peso específico no panorama deportivo nacional e a súa vocación de liderado.