RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo reforza o seu compromiso coa profesionalización da Industria do Deporte

O RC Deportivo e LALIGA Business School (LALIGA) asinaron un acordo de colaboración educativa que reafirma o compromiso de ambas as institucións en profesionalizar a industria do deporte.

O obxectivo é impulsar a formación especializada, achegando o coñecemento académico á realidade do fútbol profesional e xerando novas oportunidades de desenvolvemento para futuros profesionais do sector.

A través desta colaboración, promoveranse iniciativas formativas conxuntas que permitirán aos participantes adquirir competencias crave en xestión deportiva, mercadotecnia, innovación e outras áreas estratéxicas do ecosistema deportivo, contribuíndo ao crecemento e fortalecemento do deporte desde unha perspectiva profesional e sustentable.

Esta alianza educativa desenvolverase en dúas vías:

-Formación continua: os empregados do Club poderán beneficiarse de condicións vantaxosas para estudar os cursos e másteres de LALIGA Business School.

-Empleabilidad: alumnos de LALIGA Business School reforzarán a estrutura do Club.

No acto da firma participaron Massimo Adalberto Benassi, Conselleiro Delegado do RC Deportivo; Santiago Liste, Director do Departamento Xurídico e Gobernanza do RC Deportivo; Pedro Permatin, Responsable Académico e Strategic Partnering Coordinator; e Juan Daniel Cámara Caballero, Responsable de Empleabilidad de LALIGA Business School.