RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

O RC Deportivo reparte ilusión branquiazul nos hospitais coruñeses neste Nadal

Xogadores e xogadoras do RC Deportivo e do Dépor ABANCA, da man da RC Deportivo Fundación, queren compartir o espírito do Nadal cos máis pequenos nunhas datas tan especiais. 

Así, este martes 30 de decembro ás 15:00 Germán Parreño, Diego Villares, Marta Rico e Martina visitarán o Hospital Materno Infantil e Sergio Escudero, Jose Ángel, Yanis Citoula e Emma Gandoy o Hospital QuirónSalud A Coruña.

O motivo deste sinxelo acto, tradicional en cada Nadal é repartir agasallos branquiazuis aos nenos e nenas hospitalizados nestas datas tan sinaladas.

Durante a visita, os futbolistas entregarán obsequios, asinarán autógrafos e charlarán cos pacientes e as súas familias, regalando sorrisos, proximidade e momentos de ilusión que van moito máis alá do deporte. 

Unha iniciativa cargada de emoción que reflicte os valores de solidariedade e compromiso social que forman parte do ADN do Deportivo.

Desde o club queremos agradecer ao persoal sanitario de ambos os centros a súa acollida e o labor imprescindible que realizan cada día, especialmente nestas datas. 

O RC Deportivo seguirá traballando para estar preto de quen máis o necesitan, dentro e fóra do terreo de xogo.