RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A RC Deportivo Fundación participa na primeira reunión do proxecto Erasmus+ 'GameMind' para reforzar o benestar psicolóxico de mozos deportistas

A RC Deportivo Fundación, representada por David Lagar e Ana Laura Nani Silva, participa no proxecto Erasmus+ 'GameMind', unha iniciativa europea desenvolvida xunto a entidades de Serbia, lugar onde se produciu a primeira reunión, Italia, Macedonia del Norte, Francia e España. 

O obxectivo principal do proxecto é reforzar o benestar psicolóxico de mozos deportistas e fortalecer a capacidade dos clubs para abordar a saúde mental desde un enfoque educativo e preventivo.

Durante os anos 2026 e 2027, 'GameMind' integrará a psicoloxía na práctica deportiva diaria a través de talleres aplicados, acompañamento individual e accións formativas dirixidas ao persoal técnico, con especial atención ao desenvolvemento de habilidades comunicativas e emocionais. 

Estas accións permitirán aos e as deportistas adquirir ferramentas para xestionar a tensión competitiva e contribuirán á creación de contornas seguras e positivas para o seu desenvolvemento persoal e deportivo.

Como elemento destacado, o proxecto desenvolverá o xogo de mesa educativo 'MindSprint', deseñado para mellorar a resiliencia mental, a regulación emocional, a concentración e a xestión da tensión. 

A través de distintos retos e dinámicas, as e os participantes traballan estratexias de afrontamiento e reforzan a súa preparación psicolóxica de maneira lúdica e participativa.

Con esta participación, a RC Deportivo Fundación reafirma o seu compromiso cunha formación integral, o coidado do benestar emocional e a promoción da inclusión como valores esenciais do deporte.

Máis información na web oficial do proxecto.