Un total de 145 nenos e nenas participan na primeira quenda do Dépor Campus Cabreiroá Nadal 2025, que comprende estes días: luns 22, martes 23 e mércores 24 de decembro de 10:00 a 14:00 horas.
As sedes son as seguintes: Dépor Training Center (85 nenas e nenos), Alvedro (20) en PadelPlus e Sada (40) no campo de fútbol de As Mariñas.
Esta actividade, que chega da man da RC Deportivo Fundación, é unha das máis esperadas das datas do Nadal, que volve reunir a nenos e nenas en torno ao fútbol, a aprendizaxe e os valores branquiazuis.
Dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos, fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.
Os alumnos e alumnas gozan de sesións de adestramento adaptadas á súa idade e nivel, dirixidas por técnicos de #ANOSACANTEIRA, nunha contorna formativa que combina deporte, diversión e convivencia.
A segunda quenda, cuxa data límite de inscrición conclúe este martes 23 ás 14:00 horas e que podes formalizar nesta ligazón, desenvolverase o luns 29, martes 30 e mércores 31 de decembro co mesmo horario, de 10:00 a 14:00 horas, nestas sedes: Alvedro, Pontedeume, Club del Mar de San Amaro e Colexio Santa María del Mar.
Haberá sorpresas, sorteo de agasallos e diplomas a todos os nenos e nenas, ademais de snaks saudables durante a actividade en colaboración con FEIRACO e GADIS.
O Dépor Campus Nadal Cabreiroá consolídase así como unha experiencia única para vivir o deporte durante as vacacións de Nadal, fomentando hábitos saudables e o sentimento de pertenza desde idades temperás.
O RC Deportivo reforza o seu compromiso co deporte basee e con iniciativas que promoven a formación integral dos máis novos.
