RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Madrid Castilla supera ao Fabril nos penaltis e adxudícase o Trofeo Manolo Martín

O Real Madrid Castilla adxudicouse o XXXIV Trofeo Manolo Martín ao imporse ao Fabril no Estadio ABANCA-RIAZOR, ante un milleiro de afeccionados, na quenda de penaltis: 2-4. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate a un tanto.

Queijeiro adiantou aos branquiazuis desde o punto de penalti ao cuarto de hora, e igualaron os brancos pouco despois.

O choque foi igualado e entretido, con ocasións para ambos os bandos. O dianteiro fabrilista Pedro puido evitar a quenda de penaltis, ao dispor dun man a man coa meta branco no desconto. O seu disparo, raso, foise á dereita da portería do Real Madrid Castilla.

Na ruleta dos penaltis, estivo máis acertado o Real Madrid Castilla, que anotou o catro lanzamentos que tivo, por dous o Fabril.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, One, Lucas, Edu Expósito, Borja Galán, Queijeiro, Uxío, Martín e Romay. Tamén xogaron: Carracedo, Francis, Raúl González, Mujaid, Jiménez, Carlos López, Gandoy, Pedro, Sito, Porrúa e Luismi.

Arsenio Iglesias, unha das maiores #LendasBranquiazuis, realizou o saque de honra deste partido benéfico, cuxa recadación será destinada integramente ás obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca en Muxía.

A organización tamén sorteou dúas camisetas, unha do Fabril e outra do Real Madrid Castilla. Os números afortunados foron o 4.382 (camiseta do filial deportivista) e o 4.302 (camiseta do filial merengue). Os agraciados poden pasar a retirar o seu premio na sede do Real Club Deportivo na Coruña (Praza de Pontevedra 19-1º), en horario de oficina: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

A próxima cita do Fabril será en Cerceda, nos cuartos de final da Copa Deputación. A eliminatoria, a partido único, xógase o xoves 10 de agosto ás 19:30 no campo do Roxo.

O calendario de partidos de preparación do Fabril xa confirmados é o seguinte:

23 de xullo, torneo '3 en 1' en Viveiro:
Viveiro 0 - Fabril 4 (Uxío -2-, Gaizka e Porrúa)
Fabril 1 (Queijeiro) - Somozas 0
25 de xullo: Laracha 1 - Fabril 1 (Martín)
30 de xullo: SD Compostela 1 - Fabril 1 (Pedro). A penaltis: 8-9
2 de agosto, dezaseisavos de final da Copa Deputación da Coruña: Laracha 0 - Fabril 2 (Martín e Pedro)
6 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación da Coruña: Miño 1 - Fabril 3 (One e Uxío -2-)
8 de agosto, Trofeo Manolo Martín: Fabril 1 (Queijeiro) - Real Madrid Castilla 1. A penaltis: 2-4
10 de agosto, 19:30 horas, cuartos de final da Copa Deputación: Cerceda - Fabril (Campo de Ou Roxo, Cerceda)