RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O sábado no partido contra o Real Madrid inaugúranse os tornos da grade de Marathon

O vindeiro sábado, con motivo do partido ante o Real Madrid, inauguraranse na bancada de Maratón os novos tornos que xa foron instalados en Pavillón. O Real Club Deportivo continúa desta forma o seu proceso de modernización do Estadio de Ria

Con este sistema, que moi pronto se instalará no resto de portas do Estadio de Riazor, o abonado do Dépor ten que colocar o seu carné baixo o escáner-lector situado na parte frontal do torno. O socio deberá suxeitar o abono boca arriba e co código de barras cara adiante e o escáner lerá automaticamente o código de barras, momento no que se emitirá un asubío e unha luz verde que indica que o afeccionado pode pasar. No caso de que a luz sexa vermella, impediráselle o paso.

Este sistema será tamén aplicable ás entradas soltas vendidas para cada encontro.