RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL
PORTADA

O SD Eibar mide mañá en Asturias a progresión do Dépor ABANCA

O SD Eibar, equipo recentemente descendido de Primeira División, medirá a progresión do Dépor ABANCA.

O encontro ante as eibarresas, terceiro nesta pretemporada para as branquiazuis, xogarase mañá mércores 17 de agosto ás 18:00 no campo de fútbol de Santianes, en Colunga (Asturias).

Até a data todo son boas noticias para as pupilas de Irene Ferreras, que conquistaron nos seus dous primeiros partidos o Trofeo Cidade de Gaia ante o Valadares Gaia FC (2-4) e o Teresa Herrera ante outro equipo luso, o FC Famalicão (2-2 e 5-3 por penaltis), após unha gran segunda parte en ABANCA-RIAZOR.

Causan baixa para esta terceira cita do verán Yohana, cunha contusión pélvica; Carlota Sánchez, que se recupera da operación cirúrxica á que foi sometida nas vacacións para solucionar unhas molestias que arrastraba no seu xeonllo esquerdo; Samara, afectada dun proceso vírico; Laura Fernández, cun plan específico de prevención; e Aroa Guerra, debido a unha escordadura de nocello.

Así pois, a convocatoria de Irene Ferreras para este partido está formada por: Lorena Reina, Henar, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Carlota Suárez, Millene, Lucía, Ainhoa Marín, Patri López, Raquel García, Charle, Letti, Cris Martínez; ademais das canteirás Tati, Nuria Gómez, Paula Novo e Marta Rico.

Tralo choque, o Dépor ABANCA adestrarase de novo o xoves 18 ás 10:00 en Abegondo posto que o de mañá non será o único partido nesta semana. O domingo 21 de agosto ás 19:00 horas, #ASNOSAS visitarán ao Viajes InterRías FF, de Segunda Federación Feminina, co Trofeo Concello de Sanxenxo en xogo.