RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Sevilla anuncia a firma dun convenio co concello para remodelar o Sánchez Pizjuan

Na súa comparecencia na Xunta de Accionistas celebrada onte xoves, o presidente do Sevilla, José María Do Niño, anunciou a firma dun convenio urbanístico para a remodelación do estadio Sánchez Pizjuán e os seus arredores. "Permítenos afirmar que imos esta

Así mesmo, e tal e como recolle a páxina web oficial do club sevillista (www.sevillafc.es), Do Niño asegura que a día de hoxe "non sabemos se para ampliar o estadio faremos un terceiro anel ou o ampliaremos por abaixo. Farase un boulevard na zona que está entre Preferencia e o centro comercial de Nervión. Construiranse 20.000 metros cadrados para explotación comercial e 5.000 para uso da Entidade. Ademais, construiranse catro grandes torres do estadio en cada un das esquinas que darán acceso ás bancadas altas e que terminarán coas escaleiras. E nese lugar faranse galerías comerciais. Por último, tamén se contempla cubrir o campo".

O Deportivo presentou aos principais estamentos da cidade o proxecto dun novo Estadio de Riazor deseñado por Peter Eisenmann. Asegura o prestixioso arquitecto norteamericano que sería "o estadio máis bonito do mundo".

Con todo, o club deportivista, tras máis de dous anos de espera, aínda non foi recibido polo Concello da Coruña para mostrar un estadio que instalaría ao club definitivamente na elite mundial.