O técnico do Deportivo participará o luns en Maracaná 05
Joaquín Caparrós, técnico do Deportivo, participará mañá luns
a partir das 22:00 horas no espazo deportivo que se emite na nova
Canle Catro, Maracaná 05, presentado por Paco González e coa participación
do showman Carlos Latre.
Caparrós compartirá mesa co futbolista do Real Madrid Xullo
Baptista, con quen coincidiu no Sevilla e co que mantén unha excelente
relación.