RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O tema era coller quilómetros, ritmo de competición e boas sensacións", apuntou Gorka

Gorka Santamaría atendeu aos medios de comunicación ao concluír o primeiro amigable de pretemporada da Dépor Xira Integral Motion 2022.

O dianteiro deportivista queda coa "ilusión por poder xogar o meu primeiro partido con esta camiseta. Tiña ganas de volver sentirme futbolista porque levo un mes e pico sen xogar e esa faísca pérdese. (Trátase de) Coller sensacións, ritmo e coñecerme un pouco máis cos compañeiros que é o máis importante de cara ao comezo de temporada".

A súa primeira semana en Abegondo foi "de moita carga física pero moi boa. Os compañeiros acolléronnos aos novos de marabilla e fixéronnolo moi fácil. Moi agradecido con eles porque é un pracer".

Con minutos na segunda parte do mesmo xeito que o resto de novas incorporacións, Gorka cre que é debido a que o míster "quererá que nos fixemos nos do ano pasado para coller os hábitos, esa metodoloxía que implantou o ano pasado. Aprender deles que teñen máis experiencia que nós, fixarnos e tentar mellorar".

Destaca que o encontro correspondente ao Trofeo Festas do Apóstolo é "o típico partido de pretemporada onde as pernas están con moita carga, estamos imprecisos. Chegamos moitas veces por fóra pero non conseguimos conectar comigo, cos extremos contrarios. O rival tamén xoga, púxonos as cousas difíciles pero é un partido de pretemporada, onde houbo moita imprecisión. O tema era coller quilómetros nas pernas, ir collendo ritmo de competición e boas sensacións".

O futbolista vasco conta que Borja lle pide no seu día a día "fixar centrais, apertar e facer incómodas as posesións do rival; e que estivese presente cando haxa centros á área".

Finalmente, e cunha semana na Coruña, tivo palabras de eloxio para #ANOSAFORZA, presente en gran número esta tarde en Ponte dos Brozos: "É unha afección brutal, ten moitísimos seguidores. Estou convencido que durante a temporada vannos a alentar moitísimo", apuntou.