O Trofeo Teresa Herrera, xoia entre as xoias da Exposición "Oito séculos de pratería e acibeches en Compostela"
Onte inaugurouse no Pazo de Fonseca, a exposición "O esplendor do Camiño, oito séculos de prataría e acibeches en Compostela", organizada por Ourives de Santiago de Compostela, a USC e o Concello de Santiago. Miguel Juane acudiu como representante do Deportivo ao acto inaugural.
O RC Deportivo e a cidade da Coruña están representadas na exposición grazas á cesión, por parte do Club, dun dos Trofeos Teresa Herrera conquistados polo equipo e tallados pola extinta Xoiaría Malde da Coruña. A súa presenza nesta exposición, xunto a xoias de prata vinculadas ao Camiño de Santiago e ao traballo realizado na cidade de Pratarías ao longo da historia, demostra o valor cultural que ten o trofeo, ademais do valor simbólico de ser o trofeo amigable en xogo máis antigo do fútbol mundial.
A exposición pode visitarse até setembro de 10:00 a 21:30 h.