RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O último gol do ano tivo o seu premio

Unha vez concluído o encontro Zaragoza-Deportivo xa acabaron os compromisos futbolísticos do Deportivo no ano 1999. Por tanto, o Gol Deportivo, xogo que consistía en vaticinar quen marcaría o último tanto branquiazul deste ano e en que encontro, xa ten ga

O xogo terminou cun empate múltiple que, como se especifica nas bases de Canaldeportivo, soluciónase en función da hora en que os participantes envían o seu prognóstico. Así, o vencedor é Ernesto Jiménez Ruiz, de Castelló que se impuxo aos outros 295 participantes do Gol Deportivo.

Tanto o gañador, como outro catro participantes prognosticaron que o último gol sería marcado por Turu Flores no Zaragoza-Deportivo. O tanto do hispano arxentino foi anotado no minuto 74, e o cinco participantes na cabeza da clasificación do Gol Deportivo teñen un desfasamento de tan só un minuto con respecto ao momento exacto.Os seus prognósticos son:

Ernesto Jiménez Ruiz, de Castelló. Turu no minuto 75. Recibido o 20-12-99 ás 13:05

José Luís Arias González, da Coruña. Turu no minuto 73. Recibido o 20-12-99 ás 14:03

Publio Luís Pérez Fernández, de Ferrol. Turu no minuto 75. Recibido o 20-12-99 ás 20:08

José Ramón Franco Brañas, de Tenerife. Turu no minuto 73. Recibido o 21-12-99 ás 10:32

José A. Borregán Taranilla, de Fene. Turu no minuto 75. Recibido o 22-12-99 ás 14:56

Desde hoxe mesmo xa podes enviar o teu prognóstico sobre quen marcará o primeiro gol deportivista no ano 2000. Participa e gaña o teu equipamento oficial!