Transcorría o minuto 71 de partido cando Djalminha, dun disparo potente desde fóra da área marcaba o que é o último gol do milenio do Deportivo. Canaldeportivo propuxera aos afeccionados que tratasen de adiviñar que xogador, en que minuto e en que partido
Adrián Mourin Súarez, desde Suíza, foi o único acertante de todas as premisas do xogo, e así, o pasado día 15 prognosticaba que Djalminha ía marcar no minuto 71 do partido Deportivo - Oviedo e o afortunado recibirá o seu premio en próximas datas.