RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O vestiario do Dépor acelera para #ONOSODERBI

O vestiario do Dépor ponse a punto para o broche do ano 2017. Así, a tres días para #ONOSODERBI ante o RC Celta no Estadio ABANCA-RIAZOR do sábado 23 de decembro (18:30 horas, Gol TV), soamente Fede Cartabia está á marxe do grupo.

Gerard Valentín, aínda sen alta médica, Pantilimon e Andone incorporáronse ao traballo grupal. Sidnei e Carles Gil retiráronse antes que os seus compañeiros, posto que Cristóbal Parralo non quere ningún tipo de risco físico de cara a un encontro que se prevé moi intenso.

Esta mañá, cos fabrilistas Blas, One, Edu Expósito e Óscar, ademais do meta Ramón, os futbolistas realizaron un quecemento, un traballo de posesión e fútbol en espazo reducido.

Mañá xoves, o Deportivo volverá adestrar en Abegondo, a partir das 11:00 horas.