RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O vestiario móstrase decepcionado e admite que a primeira parte non a podemos repetir en todo o ano

Dous dos capitáns do Dépor, Lucas e Villares, pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR concluído o encontro ante a Celta Fortuna.

O dianteiro coruñés confesou que "estamos decepcionados, tristes pola imaxe que habemos dado que non era a imaxe que nós queriamos".

Apunta que cando chegou ao Dépor a temporada pasada "sabía que isto podía pasar, unha xeira mala esta temporada. Isto é como na vida, caes, levántasche, caes, levántasche e así sucesivamente. Hai que tragar saliva, traballar e non hai outra solución. Hai que ter a cabeza alta porque isto non se para".

Lucas Pérez opina que "na primeira parte non estivemos ben, tivemos medo. Viñamos de perder un partido no que che marcan no 92 e o 96. Tivemos ese medio de enfrontarnos ao filial do teu rival en ABANCA-RIAZOR, con todo o que leva a ilusión de #ANOSAFORZA. Iso pecounos na primeira parte. Na segunda estivemos mellor, máis por corazón que por fútbol".

Pola súa banda, Diego Villares fala de "dous partes moi marcadas. A primeira non a podemos repetir en todo o ano porque estabamos despistados, non sabiamos como atacar, como defender, estabamos imprecisos. Na segunda parte apertamos un pouco pero eses 45 minutos que regalamos pesan moito".

O centrocampista branquiazul sinala que "cos puntos que levamos neste inicio de temporada, que o outro día gáñenche o partido ao final e regales hoxe a primeira parte é normal que #ANOSAFORZA estea enfadada".

Finalmente afirma que "na segunda parte imos máis arriba pero non temos ocasións demasiado claras, sen ningunha chegada perigosa, sen inquietar demasiado por iso ímonos cun mal sabor de boca".