RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Villestro só aguanta medio partido ao Deportivo ABANCA B

O Deportivo ABANCA B mantén o liderado da Primeira Autonómica após derrotar á SD Villestro (0-5) en partido correspondente á 5ª xornada.

As locais só puideron aguantar en defensa até o descanso. Tralo paso polos vestiarios, as deportivistas plasmaron a súa superioridade cos goles de Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 15 puntos de 15 posibles.

Deportivo ABANCA B: Ana, Antía, Rivas, Sofía, Bermúdez, Lara, Alba Suárez, Carlota, Lucía, Patri López e María Calvo. Tamén xogaron: Jessi, Andrea, Michelle Clemente, Sara Piñeiro e Ainhoa.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao UD Mos.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán 1
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)