RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O xoves, partido de Copa en Riazor: Deportivo-Arenteiro

Din que os malos grolos canto antes pasen, moito mellor. E os deportivistas están dispostos a iso e, á vez, facerllos esquecer á afección herculina.

Arsenio Igrexas falou onte cos seus homes antes da sesión de traballo en Riazor. O primeiro paso ten que darse xa o xoves no partido de volta da primeira eliminatoria de Cópaa fronte ao Arenteiro de Carballino, Ourense, superando esa mínima vantaxe dos ourensáns, cobrada o pasado día 30 ao vencer 2-1 no primeiro partido de confrontación. Arsenio quere curarse en saúde e oporá aos carballiñeses á aliñación titular, con Vicente incluído, e que non xogou en feudo ourensán xa que non saía dunha lesión...