O Xuvenil A, con actuación estelar de Martín Ochoa, desarboló ao CD Covadonga na segunda metade
O Xuvenil A desarbolou en Abegondo (6-1) ao CD Covadonga na segunda metade, período no que chegaron cinco do seis tantos branquiazuis neste encontro correspondente á 3ª xornada no grupo 1º da División de Honra.
Os asturianos aguantaron até o descanso, ao que se chegou con empate provisional a un gol; pero logo, após o paso polos vestiarios, non foron capaces de frear o potencial ofensivo dos vixentes campións de España.
O protagonista do partido foi Martín Ochoa, autor de catro tantos. Hugo Baldomar e Garaboa completaron o marcador.
Con este resultado, o Xuvenil A suma sete do nove puntos en xogo.
Xuvenil A: Hugo Ríos, Quique Teijo, Manu Rivas, Seydiba, Mario, Rubén, Nacho, Urdiales, Martín Ochoa, Hugo Baldomar e Diego Gómez. Tamén xogaron: Garaboa, Mato, Pablo Trigo, Álex González e Álex Delgado.
A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita ao Real Avilés CF.
Os resultados do Xuvenil A até a data son os seguintes:
Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera) Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0 Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1