RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

O Xuvenil A finaliza 2023 e a primeira volta da División de Honra cun sorriso

O Xuvenil A finalizou o ano 2023 cun sorriso ao vencer no campo principal de Abegondo (4-0) ao ED Val Miñor Nigrán, en partido correspondente á 15ª xornada na División de Honra, última da primeira volta.

Guerrero adiantou pronto ao conxunto de Manuel Pablo, concretamente aos 14 minutos. Após o descanso, Rubén, que onte sábado anotou 5 goles co Xuvenil B, encarrilou definitivamente o encontro con 2 tantos case consecutivos nos minutos 59 e 65. Héctor redondeou o marcador na recta final.

Con este resultado, os branquiazuis suman 32 puntos na 4ª posición, a 4 puntos do RC Celta e Real Oviedo, líderes con 36.

Xuvenil A: Rodrigo, Pablo Parada, Samuel Fernández, Amin, Estévez, Guerrero, Noé, Domínguez, Manu Ferreiro, Álex Delgado e Pablo García. Tamén xogaron: Rubén, Álvaro, Héctor, Martiño e José Rey.

O próximo partido será o 14 de xaneiro de 2024 en Abegondo ante o Veriña CF.

Os resultados até a data do Xuvenil A son os seguintes:

Veriña CF 1 - Xuvenil A 2 (Carreira e Hugo Villaverde)
Xuvenil A 3 (Domínguez, Mardones e Carreira) - SD Compostela 4
RC Celta 2 - Xuvenil A 2 (Álex Delgado e Domínguez)
Xuvenil A 2 (Hugo e Manu Ferreiro) - Real Racing Club 2
Coruxo FC 0 - Xuvenil A 5 (Álex Delgado, Vilela, Domínguez, Guerrero e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 8 (Álex Delgado -2-, Ayman -2-, Manu Ferreiro, Guerrero, Domínguez e un futbolista rival en propia meta) - SD Revilla 1
Xuvenil A 1 (Domínguez) - Sporting de Gijón 0
CD Covadonga 2 - Xuvenil A 1 (Mardones)
Xuvenil A 6 (Dani Estévez -2-, Carlos, Ayman, Álvaro e Noé) - Bansander 0
Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Domínguez)
Xuvenil A 2 (Guerrero e Manu Ferreiro) - Arosa SC 1
CD Lugo 0 - Xuvenil A 2 (Ayman -2-)
Juvenil A 3 (Guerrero, Ayman e Álex Delgado) - CD Choco 0
Real Oviedo 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 4 (Guerrero, Rubén -2- e Héctor) - ED Val Miñor Nigrán 0