RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A golea ao Marina Sport e logra a medalla de bronce na División de Honra

O Xuvenil A goleou esta mañá ao Marina Sport (1-7) e demostrou que arrancará nas próximas semanas en plenitude de forma a Copa do Rei, competición á que accederon como un dos dous mellores terceiros dos 7 grupos da División de Honra.

Os deportivistas acabaron terceiros a competición no Grupo 1º con 67 puntos, só superados polo Sporting de Gijón (69 puntos) e o Celta (74 puntos). Os deportivistas gañaron 20 partidos, empataron 7 e só perderon 3. Anotaron un total de 86 goles e só recibiron 35.

Esta mañá, en Cantabria, os goles de Sandá, Iago Parga, Porrúa -2-, Pedro -2- e un futbolista rival en propia meta certificaron a superioridade branquiazul ante un rival, o Marina Sport, que non se xogaba nada; ao contrario que o Xuvenil A, que aínda podía ser segundo se o Sporting de Gijón caese en Avilés.

Xuvenil A: Francis, Víctor, Jiménez, Mujaid, Iago Parga, Gandoy, Sito, Sandá, Mosquera, Sebas e Boedo. Tamén xogaron: Porrúa, Adrián, Ortuño e Pedro.

Á espera do sorteo da Copa do Rei, o Xuvenil A afrontará nesta Semana Santa a Oviedo Cup.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Celta A 3 - Xuvenil A 2 (Adri e Iago Novo)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Pabellón 0
Bansander 2 - Xuvenil A 1 (Sandá)
Xuvenil A 3 (Sito -2- e Adrián) - Racing de Santander 0
Lugo 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Joel, Adrián, Mosquera, Boedo e un futbolista rival en propia meta) - Santiago de Compostela 2
Xuvenil A 2 (Ortuño e Aarón) - Tropezón 1
Oviedo 4 - Xuvenil A 4 (Pedro -2-, Ortuño e Boedo)
Xuvenil A 2 (Pedro e Boedo) - Sporting de Gijón 1
Roces 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Xuvenil A 2 (Adrián e Pedro) - Alondras 2
Avilés 1 - Xuvenil A 3 (Boedo, Gandoy e Adrián)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Areosa 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 3 (Pedro e Boedo -2-)
Xuvenil A 7 (Mujaid, Adrián -2-, Pedro, Boedo e Mosquera -2-) - Marina Sport 0
Xuvenil A 0 - Celta 3
Pabellón 1 - Xuvenil A 6 (Mosquera, Porrúa -3- , Pedro e Sito)
Xuvenil A 7 (Mosquera -4-, Porrúa, Pedro e Gandoy) - Bansander 3
Racing de Santander 2 - Xuvenil A 3 (Joel, Mosquera e Pedro)
Xuvenil A 3 (Pedro, Gandoy e Adrián) - Lugo 1
Santiago de Compostela 1 - Xuvenil A 5 (Pedro -3-, Boedo e Aarón)
Tropezón 1 - Xuvenil A 1 (Gandoy)
Xuvenil A 1 (Ortuño) - Oviedo 1
Sporting de Gijón 0 - Xuvenil A 1 (Iago Novo)
Xuvenil A 4 (Sito, Pedro, Aarón e Ortuño) - Roces 0
Alondras 0 - Xuvenil A 3 (Aarón -2- e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 1 (Adrián) - Avilés 0
Areosa 0 - Xuvenil A 3 (Gandoy, Pedro e Porrúa)
Xuvenil A 4 (Gandoy, Pedro, Ortuño e Mosquera) - Val Miñor Nigrán 2
Marina Sport 1 - Xuvenil A 7 (Sandá, Iago Parga, Porrúa -2-, Pedro -2- e un futbolista rival en propia meta)