RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A non atopa o gol en Colindres nin de penalti nin contra 9

Non tivo o seu día o Xuvenil A de cara á meta contraria. Os deportivistas desperdiciaron multitude de ocasións en Colindres, sobre todo na segunda metade; fallaron un penalti; e tampouco puideron perforar a meta dun rival que quedou con 9 futbolistas sobre o campo a falta de 20 minutos.

Con este panorama, o Xuvenil A cultivou a súa primeira derrota ligueira (1-0), en partido correspondente á 4ª xornada.

Este resultado deixa ao cadro branquiazul con 7 puntos, na 4ª posición do grupo 1º da División de Honra.

Xuvenil A: Brea, Padín, Íñigo, Guillem, Carlos, Prendes, Israel, Armas, Álex, César e Kilian. Tamén xogaron: Julián, Álvaro, Jorge e Litos.

O vindeiro domingo 30 de setembro ás 17:00, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Val Miñor.

Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:

Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1
CD Colindres 1 - Xuvenil A 0