RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A supera claramente ao Bansander e é líder en solitario

O Xuvenil A mostrouse moi superior ao Bansander en Abegondo (6-0), en choque correspondente á 2ª xornada na Segunda Fase da División de Honra, grupo 1C.

O protagonista do encontro foi Nájera, autor dun "hat trick" co que o Xuvenil A practicamente sentenciaba o encontro. Quique Teijo, Mella e Noel completaron o marcador para os pupilos de Óscar Gilsanz.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 49 puntos e lidera en solitario o grupo posto que o RC Celta, que empatou en Vigo co Atlético Perines, é agora segundo con 47 puntos.

Xuvenil A: Ríos, Quique Teijo, Trilli, Fito, Dani Barcia, Brais, Víctor, Jairo, Noel, Nájera e Mella. Tamén xogaron: Padín, Mario, Urdiales, Canales e Raúl.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita ao Atlético Perines.

Os resultados do Xuvenil A en esta segunda fase son os seguintes:

CD Mariña Sport 2 - Xuvenil A 2 (Noel -2-)
Xuvenil A 6 (Nájera -3-, Quique Teijo, Mella e Noel) - Club Bansander 0