O Xuvenil B abre mañá venres 7 de febreiro en Abegondo ante o Racing de Ferrol (19:00 horas) unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA.
Fronte a fronte están dous equipos da zona alta da Liga Nacional, os branquiazuis son segundos con 43 puntos e un partido menos; e os racinguistas ocupan a 4ª praza con 37 puntos.
O encontro máis destacado da fin de semana é do Fabril, que se mide o domingo ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) na Cidade Deportiva ao CD Numancia, líder da Segunda Federación empatado a puntos co Pontevedra CF.
O filial deportivista chega ao encontro co impulso anímico da contundente vitoria da pasada fin de semana por 3-0 en ABANCA-RIAZOR ante os pontevedreses.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Completa a xornada dominical o choque do Xuvenil A ante o Bansander na Cidade Deportiva (10:30). O conxunto de Miguel Figueira manda na táboa con 49 puntos por 48 do RC Celta, que, iso si, ten un partido menos.
O sábado 8 de febreiro xogan unicamente os alevíns e benxamíns posto que hai descanso para os equipos cadetes e infantís pola celebración da segunda fase do Campionato de España por autonomías.
Os cadetes deportivistas Borja Díaz, Ramón Branco, Samba Wade, Mauro Valeiro, Gael Irimia; ademais de Raúl Lema, Nikolay e Roi Castro do San Tirso SD Cadete competirán coa selección galega sub-16.
Pola súa banda, os infantís branquiazuis Julen López, Antón Vilariño, Hugo Caridad, Thiago Montes e Adrián Fernández; ademais de Iván Gil e Hugo Macedo do San Tirso SD Infantil xogarán coa selección galega sub-14.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
22ª xornada: FABRIL - CD NUMANCIA DE SORIA, o domingo 9 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. CD Numancia de Soria e Pontevedra CF, 43 puntos... 5. Real Avilés Industrial (un partido máis), UP Langreo (un partido máis), Marino de Luanco (un partido máis) e Salamanca CF UD (un partido máis), 31 puntos; 8. Fabril, 30 puntos; 9. Real Valladolid Promesas, 29 puntos; 10. Coruxo FC, 28 puntos...
Categoría xuvenil
20ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 9 de febreiro ás 10:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 49 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 48 puntos; 3. Sporting de Gijón, 39 puntos... 6. Bansander, 29 puntos...
20ª xornada: XUVENIL B - RACING DE FERROL, mañá venres 7 de febreiro ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 49 puntos; 2. Xuvenil B (un partido menos), 43 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 38 puntos; 4. Racing de Ferrol, 37 puntos...
Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 57 puntos; 2. Cadete, 52 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 39 puntos... 5. SD Compostela, 34 puntos; 6. San Tirso SD Cadete, 32 puntos; 7. Pabellón Ourense CF, 31 puntos...
Categoría infantil
Amigable, mércores 5 de febreiro: INFANTIL 1 (Álvaro Gómez) - VIVEIRO CF 4 (cadete) 4
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 49 puntos; 2. RC Celta, 48 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 38 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 32 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 27 puntos; 7. CD Lugo (un partido menos), 25 puntos...
Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 14ª xornada: ALEVÍN A - ORILLAMAR SD, o sábado 8 de febreiro ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 2)
Primera A Coruña de fútbol 8, 14ª xornada: IMPERÁTOR OAR - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 8 de febreiro ás 17:00 na Torre (campo 2.2)
Categoría benxamín
Amigable, martes 4 de febreiro: BENXAMÍN A 1 (Marco Dios) - VICTORIA CF B (alevín) 1
Primera A Coruña de fútbol 8, 14ª xornada: BENXAMÍN A - SILVA SD, o sábado 8 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 2.2)
Primera A Coruña de fútbol 8, 14ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 8 de febreiro ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1)