RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B amarra os puntos ante o Victoria cunha boa segunda metade

O Xuvenil B amarrou o tres puntos ante o Victoria (6-1), en partido da 11ª xornada da liga Nacional, grazas sobre todo a unha gran segunda parte, cuxo parcial foi de 4-0. Kilian -2-, Barbeito, Rojo -2- e Paulo foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 20 puntos no grupo de cabeza.

Xuvenil B: Antón, Litos, Borja, Pablo, Álvaro, Barbeito, Julián, César, Rojo, Kilian e Jorge. Tamén xogaron: Pedro, Ernesto, Paulo e Iñaki.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao Porriño.

Os resultados até a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes:

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil B 1
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Arosa SC 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Paulo)
Xuvenil B 5 (Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno) - Compostela 0
Coruxo 1 - Xuvenil B 1 (Rojo)
Xuvenil B 2 (César e Pichu) - Lugo B 4
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián, Pichu -2-, Paulo e Litos) - Santa Mariña 0
Pabellón Ourense 1 - Xuvenil B 1 (Kilian)
Xuvenil B 6 (Kilian -2-, Barbeito, Rojo -2- e Paulo) - Victoria 1