RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B salva un punto en Bouzas nun partido infestado de incidencias

O Xuvenil B rescatou un punto en Bouzas ante o Rápido con dous goles de Kilian (2-2), o segundo no minuto 90, nun encontro pertencente á 16ª xornada da liga Nacional infestado de incidencias, cun penalti e un expulsado por cada equipo.

Adiantáronse os vigueses con dous tantos na primeira metade. Após o descanso, o Xuvenil B saíu decidido a por o empate, que logrou case sobre o asubío final.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 31 puntos e sitúase na cuarta praza da táboa.

Xuvenil B: Antón, Litos, Pedro, Álvaro, Pablo, Barbeito, Ernesto, Jorge, Iñaki, Kilian e Rojo. Tamén xogaron: Iván, Julián, Bruno e Íñigo.

O vindeiro venres 22 de decembro ás 16:30, o Xuvenil B recibe ao CD Lérez en partido adiantado á 17ª xornada de liga que se xoga a primeira fin de semana de xaneiro de 2018.

Os resultados até a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes:

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil B 1
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Arosa SC 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Paulo)
Xuvenil B 5 (Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno) - Compostela 0
Coruxo 1 - Xuvenil B 1 (Rojo)
Xuvenil B 2 (César e Pichu) - Lugo B 4
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián, Pichu -2-, Paulo e Litos) - Santa Mariña 0
Pabellón Ourense 1 - Xuvenil B 1 (Kilian)
Xuvenil B 6 (Kilian -2-, Barbeito, Rojo -2- e Paulo) - Victoria 1
Porriño 0 - Xuvenil B 2 (Rojo -2-)
Xuvenil B 1 (Rojo) - Celta B 1
Ural 0 - Xuvenil B 1 (Pichu)
Xuvenil B 2 (Jorge e Ernesto) - Conxo 0
Rápido de Bouzas 2 - Xuvenil B 2 (Kilian -2-)