RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B vence ao Victoria CF e amplía a súa vantaxe no liderado

O Xuvenil B dobregou (3-0) ao Victoria CF en encontro correspondente á 7ª xornada no subgrupo A da Liga Nacional, que foi aprazado no seu día por COVID-19 no equipo blanquinegro.

Canales, Diego Gómez e Martín Ochoa foron os goleadores branquiazuis neste encontro.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 27 puntos de 27 posibles e xa avantaxa en seis puntos ao seu inmediato perseguidor, a SD Compostela, que ten 21.

Xuvenil B: Ríos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Seydiba, Mario, Carlos Rodríguez, Canales, Rubén, Trigo, Diego Gómez e Álex González. Tamén xogaron: Íker Méndez, Embid, Martín Ochoa, Marcelo e Nico.

Será o único partido esta semana para os pupilos de Alejandro Antón e Aldo Duscher, posto que o partido ante o Racing Villalbés, previsto para este domingo 24 de xaneiro en Abegondo, foi aprazado por un caso de COVID-19 no conxunto vilalbés.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B 5 (Diego Gómez, Nacho, Trigo, Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - EF Lalín 0
SD O Val 1 - Xuvenil B 3 (Rubén e Martín Ochoa -2-)
Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Trigo) - Pontevedra CF 0
CD Lugo B 0 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Embid)
Xuvenil B 2 (Álex González e Diego Gómez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Xuvenil B 3 (Canales, Diego Gómez e Martín Ochoa) - Victoria CF 0
SD Compostela 1 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Quique Teijo)
Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Hugo Baldomar) - Arosa SC 0