RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O xuvenil deportivista Amin Mustapha repite convocatoria coa selección de Marrocos sub-20

Amin Mustapha Rajouani (30 de marzo de 2005 en Foz, Lugo) está convocado pola selección de Marrocos sub-20 para unha concentración que arrincará mañá domingo 19 ao domingo e prolongarase até o 26 de maio no Complexo Mohammed VI en Rabat.

Durante estes días, o combinado marroquí disputará dous amigables ante a República Democrática do Congo, previstos para o mércores 22 e o sábado 25 de maio no mesmo complexo deportivo.

O xuvenil branquiazul xa foi convocado o pasado mes de xaneiro con este combinado nacional, neste caso para dous partidos ante Mauritania, tamén de preparación.

Amin Mustapha é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.

/* Bot imbee */