RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Olympique 5 - Deportivo 1<br>O Deportivo cae en Francia

O Deportivo perdeu o partido de volta da final da Intertoto ante o Olympique cun resultado de cinco goles a un, nun partido marcado pola errónea decisión do colexiado de amoestar a Capdevila cando non interviñera na xogada sancionada, provocando así a súa

O partido comezou co gol de Ribery no minuto catro que adiantaba ao equipo Francés, pero o Deportivo por medio de Andrade conseguiría empatar a contenda en catro minutos despois. Resultado co que se alcanzaría o descanso, pero con ambos os equipos con dez xogadores polas expulsións de Duscher e do propio Ribery.

Na segunda parte o Olympique envorcouse ao ataque, e no minuto 65 chegaría o segundo gol galo por medio de Maité.

Tras a errónea expulsión de Capdevila que foi amoestado por unha falta que cometeu o paraguaio Acuña, o Olympique logrou o 3-1 (m.72), obra de Niang, que abriu o camiño definitivo a unha remontada nunha eliminatoria ata ese momento o Deportivo tiña perfectamente controlada.

Munitis leva 11 putos de sutura nunha perna froito dunha durísima entrada dun xogador francés nunha das 16 faltas que recibiu o xogador ao longo do partido.

Así, xa nos minutos finais, o Olympique conseguría os goles definitivos no 88 e o 92 por medio de Mendoza e de Oruma.