RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

#ONOSODERBI xuvenil na Madroa na División de Honra, partido estrela esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Mentres o Xuvenil A conta os días para o partido de volta ante o Maccabi Haifa da segunda eliminatoria da Ruta de Campións Nacionais da UEFA Youth League, antes, os pupilos de Manuel Pablo afrontan este domingo ás 12:00 na Madroa o primeiro derbi da temporada na División de Honra, co liderado da categoría en xogo.

Os celestes chegan como líderes con 31 puntos por 29 os deportivistas, aos que se lles escaparon dous puntos na súa visita ao Sporting de Gijón fai dúas xornadas.

En Tercera RFEF, o Fabril recupera a Dani Barcia, concentrado coa selección española sub-19 en Luxemburgo durante a pasada semana; e a Iano Simão, convocado polo seu país, Guinea Bisáu, para disputar dous partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar 2022. Ambos foron baixa no partido do filial o pasado domingo ante o Alondras CF pero están a disposición de Óscar Gilsanz para recibir este domingo 21 ás 16:30 horas en Abegondo ao UD Somozas, líder da categoría.

O Club activa o protocolo de apertura, con aforamento completo e rexistro de asistentes, da Cidade Deportiva de Abegondo.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todas as persoas socias do Real Club Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O Club solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completada a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.

A xestión pode realizarse até completar o aforamento. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até o venres 19 ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19. Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada na entrada e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños).

En canto ao resto de equipos, para o sábado quedan en Abegondo os partidos do Xuvenil B (16:00 no campo 3 ante o Coruxo FC) e os amigables dos dous equipos alevíns e os dous benxamíns (campo de herba sintética).

Fóra de casa compiten o Orzán SD Cadete Feminino (ás 11:00 en Mos), Cadete (ás 10:30 en Caranza) e Infantil (16:00 en San Pedro de Visma 1 fronte ao Oza Juvenil SD A).

O domingo, ademais do Fabril e do Xuvenil A, o Dépor ABANCA B visita ao Gijón FF (15:45 no campo La Cruz de Xixón); o Orzán SD Xuvenil Feminino recibe na Torre ao PM Friol B (18:00 horas) e o Orzán SD Infantil Feminino visita ao SCD Milagrosa (12:30 en Lugo).

O calendario da fin de semana é o seguinte:

Terceira RFEF
12ª xornada: FABRIL - UD SOMOZAS, o domingo 21 de novembro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación: 1. UD Somozas, 25 puntos; 2. Polvorín FC (un partido menos), 21 puntos; 3. CD Barco, 20 puntos; 4. Fabril (un partido menos), Rápido de Bouzas (un partido menos) e Ourense CF (un partido menos), 18 puntos, 7. Silva SD (un partido menos), 17 puntos...

Categoría feminina
10ª xornada: GIJÓN FF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 21 de novembro ás 15:45 no campo La Cruz (Xixón)
Clasificación da Primeira Nacional: ... 3. PM Friol, 20 puntos; 4. Umia CF, 16 puntos; 5. CD Olímpico de León, 15 puntos; 6. Deportivo ABANCA B, 14 puntos; 7. Oviedo Moderno CF B e Victoria CF, 13 puntos; 9. UD Mos, 11 puntos...

7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - PM FRIOL B, o domingo 21 de novembro ás 18:00 na Torre (campo principal)
Clasificación da Primeira División Galega, subgrupo A: 1. Bergantiños CF e CD Lugo (un partido máis), 9 puntos; 3. PM Friol B e Orzán SD Xuvenil Feminino, 7 puntos; 5. SD O Val, 6 puntos; 6. SD Antas (un partido máis) e SD Tordoia (un partido máis), 5 puntos...

5ª xornada: UD MOS - ORZÁN SD CADETE FEMININO, o sábado 20 de novembro ás 11:00 nas Baloutas (Mos)
Clasificación da Liga Galega: 1. UD Mos, 12 puntos; 2. Sárdoma CF e Victoria CF, 10 puntos; 4. Orzán SD Cadete Feminino, 9 puntos; 5. Lóstrego CF, 6 puntos...

5ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o domingo 21 de novembro ás 12:30 no campo Luis López Gorgoso (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF (un partido menos), 9 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino (un partido menos) e Victoria FC, 7 puntos; 4. ADC Obradoiro, 6 puntos; 5. Xuventude de Crendes CF (un partido menos) e SCD Pastoriza, 3 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, o domingo 21 de novembro ás 12:00 na Madroa
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 31 puntos; 2. Xuvenil A, 29 puntos; 3. Real Racing Club, 25 puntos...

10ª xornada: XUVENIL B - CORUXO FC, o sábado 20 de novembro ás 16:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B e Coruxo FC, 22 puntos; 3. Xuvenil B, 19 puntos; 4. CD Calasanz, 18 puntos; 5. CD Lugo B, 17 puntos...

Categoría cadete
8ª xornada: GALICIA CARANZA - CADETE, o sábado 20 de novembro ás 10:30 no Municipal de Caranza
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Cadete, 19 puntos; 2. San Tirso SD, 14 puntos...

Categoría infantil
7ª xornada: OZA JUVENIL SD A - INFANTIL, o sábado 20 de novembro ás 16:00 en San Pedro de Visma 1
Clasificación da Liga Galega, grupo B norte: 1. Infantil (un partido menos), CD Lugo, Ural Español CF, 15 puntos; 4. San Tirso SD, 12 puntos...

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 20 de novembro ás 10:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN - CD CALASANZ A, o sábado 20 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 20 de novembro ás 10:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN - CD CALASANZ A, o sábado 20 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)