RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Os adestradores de ANOSACANTEIRA recibiron un curso de primeiros auxilios en virtude do convenio entre a Fundación RC Deportivo e a Cruz Vermella

Os adestradores de ANOSACANTEIRA recibiron esta semana un curso de primeiros auxilios a cargo de monitores da Cruz Vermella.

Esta iniciativa, que contribúe a crear unha contorna segura para a competición de nenos e nenas, forma parte do convenio de colaboración entre a Fundación RC Deportivo e a Cruz Vermella.

Nos próximos días, os técnicos branquiazuis terán outro curso para a utilización do DESA (Desfibrilador Externo Semiautomático), un dispositivo portátil que, ante un paro cardíaco, analiza o ritmo do corazón e administra unha descarga eléctrica controlada se detecta unha arritmia mortal para tentar restablecer o ritmo cardíaco normal. Ademais, guía ao reanimador con mensaxes visuais e verbais.