RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os DéporCampus Cabreiroá de Nadal volven este mes de decembro en Alvedro e Sada

Coincidindo coas vacacións de Nadal no calendario escolar, o próximo mes de decembro volven os DéporCampus Cabreiroá nas súas dúas sedes habituais: Alvedro e Sada. De novo levarán a cabo diferentes actividades lúdicas todas elas relacionadas co fútbol baixo a supervisión dos adestradores da canteira do RC Deportivo.

A sede de Alvedro, que se desenvolve baixo teito no campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus, amplía a súa duración a dúas semanas. A primeira quenda levará a cabo os días 27, 28 e 29 de decembro e a segunda os días 3, 4 e 5 de xaneiro, ambas en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas.

A sede de Sada alcanza a súa terceira edición e desenvolverase novamente nas instalacións do campo de fútbol municipal das Mariñas, en colaboración co Sada CF.

En ambas as actividades poderán participar nenos e nenas de entre 6 e 14 anos e no caso da sede de Alvedro as prazas son limitadas debido ao protocolo de seguridade e prevención fronte ao COVID. Todos os participantes recibirán un equipamento oficial dos DéporCampus Cabreiroá, ademais dos diferentes sorteos de agasallos, actividades sorpresa...

As inscricións xa se atopan abertas na web oficial deporcampus.rcdeportivo.es/gl até o vindeiro xoves 23 de decembro.

Debido á limitación de prazas para estas actividades de Nadal recoméndase non demorar a inscrición para todos aqueles nenos e nenas que queiran participar nestas tres xornadas apaixonantes de fútbol con diversas actividades, novas amizades e moito deportivismo.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.