Os deportivistas melloran a súa resistencia aeróbica
Na zona de Palavea desenvolveuse onte pola mañá o adestramento dos branquiazuis ante o partido do próximo domingo, contra o Caudal, en Mieres... Os deportivistas efectuaron unha especie de cros-paseo, chamado tamén fartlek.
Componse dunha especie de xogos rítmicos e distancias. Fundamentalmente é un adestramento intuitivo, co que se consegue mellorar a resistencia aeróbica. Tamén seguiron con atención os xogadores coruñeses unhas explicacións de orde técnica a cargo de Irulegui. Juan Carlos, que o día anterior non acudiu aos adestramentos, incorporouse onte ás actividades. O único ausente foi o extremo Rabadeira debido á contractura de abdutor que acusou o encontro contra o Sestao.
Para hoxe previu Irulegui o partido de axuste de todos os xoves. Nel perfilará o equipo que xogará no Estadio Irmáns Antuña. De todos os xeitos, non se esperan sensibles novidades na aliñación. Se Rabadeira non logra recuperarse, cabe supor que actúe Juan Carlos na súa demarcación.