RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Os nenos de Muxía, Neda, Ferrol e Fisterra, en Riazor

Os nenos dos concellos de Muxía, Neda, Ferrol e Fisterra que participan na quenda desta semana do Campus 2002 de Fútbol patrocinado pola Deputación e organizado polo Deportivo, visitaron esta mañá as instalacións do Club herculino.


Os mozos puideron fotografarse coa Copa do Rei na Deportienda, viron os trofeos do Club na cafetaría da Praia Club, os Palcos VIP, o palco de Autoridades e o terreo de xogo onde o Deportivo disputa os seus encontros como local. Unha visita que moitos non esquecerán.