RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Os Nosos coñeceron a proposta de Tabalú Cocina Deportiva

Tabalú Cocina Deportiva SL (Terceiro clasificado -compartido-) no Dépor Start UP Day celebrado o pasado 4 de marzo tivo a oportunidade, grazas á súa posición final no evento, de realizar unha proba de concepto co RC Deportivo.

Concretamente, os futbolistas do primeiro equipo branquiazul gozaron do servizo e o menú que ofrece esta empresa especializada en mellorar o rendemento deportivo a través da cociña e a tecnoloxía. Cunha proposta atractiva e rechamante presentación, Tabalú Cocina Deportiva fusiona as necesidades nutricionais de cada deportista cunha proposta gastronómica personalizada e elaborada por chefs formados en diversas gastronomías.