RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o emprego do Desfribrilador Externo Semiautomático (DESA)

O Dépor Training Center acolleu estes días unha formación para o DESA (Desfibrilador Externo Semiautomático) impartida por Cruz Vermella, en colaboración coa RC Deportivo Fundación. 

A acción formativa estivo dirixida aos fisioterapeutas do RC Deportivo, así como a persoal da propia Fundación, reforzando a súa capacitación ante posibles situacións de emerxencia sanitaria.

A formación combinou contidos teóricos e prácticos centrados na identificación dunha parada cardiorrespiratoria, a correcta utilización do DESA e a aplicación de manobras básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), conforme aos protocolos de actuación vixentes.

Esta iniciativa enmárcase dentro do plan estratéxico da RC Deportivo Fundación en materia de promoción da saúde e prevención, apostando pola formación continua dos profesionais que desenvolven o seu labor no ámbito deportivo. 

A través deste tipo de accións, a Fundación reforza o seu compromiso coa creación de contornas seguras e cardioprotegidos, así como coa sensibilización sobre a importancia dunha resposta rápida e eficaz ante emerxencias de saúde.