RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Os socios que cederon os seus abonos durante as recolocacións, convidados a Área 1906

O Real Club Deportivo quere agradecer o detalle que os seus socios tiveron durante os partidos nos que non se puido dispor do aforo completo do Estadio ABANCA-RIAZOR e, atendendo á petición da entidade ante a imposibilidade de acudir aos partidos, cederon o seu asento para que o Club dispuxese del no proceso de recolocación dos demais abonados.

Estes socios do Dépor, unha vez recuperado o aforo do Estadio, están a ser convidados o Club a vivir unha experiencia diferente na área 1906, a zona VIP de Tribuna inferior na que se pode seguir o partido xusto detrás dos bancos, acceder a zona de cátering desde unha hora antes até unha hora despois do encontro e seguir en directo a comparencia dos xogadores dos dous equipos na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

A área 1906, inaugurada no arranque da pasada temporada, está a disposición de todos aqueles deportivistas que queiran acudir ao fútbol e gozar destas posibilidades, tanto coa venda de abonos para toda a temporada como coa venda de entradas soltas para cada un dos partidos que o Dépor xoga en casa. Toda a información na páxina: www.rcdeportivo.es/vip o correo vip@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500.