RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Os xogadores pousan cos traxes oficiais de Emidio Tucci Black

Ao finalizar o adestramento desta mañana en Riazor, os xogadores e Víctor Fernández, acompañados polo presidente Tino Fernández, fotografáronse co traxe oficial e o uniforme sport da firma Emidio Tucci Black, uniformidad

Na uniformidade "sport", máis informal e xuvenil, destaca a peza exterior con cortes que evocan á americana clásica, pero con tecidos e liñas moi desenfadadas e actuais. O azul mariño contrasta cos tons beige do chinés slim fit e as raias brancas e azuis da camisa que achegan un toque de luz ao conxunto. A zapatilla deportiva azul mariño completa o conxunto.

O look "vestir" consta dun traxe azul mariño, acompañado de camisa azul e gravata cos tons corporativos do Club. Trátase dun conxunto clásico e elegante pero cos fits actuais que propón a firma esta tempada. O zapato é negro de cordón.

Antes desa sesión aberta, futbolistas e técnicos pousaron coa uniformidade branquiazul e o segundo equipamento da bandeira galega, na foto oficial do persoal de cada tempada.